22 feb. 2017

PREPARANDO A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA






     Coñecedes este personaxe? Ben seguro que sí! Pensade un anaquiño.............
       Rosalía de Castro! quen se non?  O ilustrador galego Aarón Fernández Martínez cedeunos para conmemorar o día de Rosalía estas imáxenes para traballar con elas baixo a  licencia de Creative Commons.
         Coa primeira delas podes imprimir a túa propia Rosalía, coloreala e poñerlle os atavíos que queiras.
             Coa imaxe dobre podes facer incluso un colgante para a túa habitación ou se o reduces unha piruleta para o teu lápis, deixa voar a túa imaxinación.



16 feb. 2017

A RATIÑA PRESUMIDA

     Unha pequeniña e modesta adaptación deste clásico foi o agasallo do alumnado de 4º A aos pequechos da Escola infantil Lúa, que cada ano visitan a nosa escola nunha xornada de convivencia co noso alumnado de infantil.

 BENVIDOS, UN ANO MÁIS!!!!!