27 may. 2016

OUTRO AGASALLO ESPECIAL

    

     Co gallo das LETRAS, o alumnado de 2º de Primaria fixo un libriño recopilatorio con poemas de Manuel María, que vai formar parte dos LIBROS FEITOS POR NÓS no recuncho que temos na Biblio adicado a estes exemplares que tanto vos gustan!!!. Despois da entrega, moitos deles animáronse a recitar alguns poemas.
     GRAZAS aos nenos e nenas de segundo e a súa profesora Conchy por este agasallo para a BE da Meigatintureira!!!

20 may. 2016

MINIBEATS

    Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron un libro de adiviñas en inglés sobre "minibeasts" (bichiños).
     Este libro estará dispoñible para todos na Biblioteca do Colexio a partir da vindeira semana. 
    Grazas dende a Biblioteca polo voso agasallo que formará parte dos LIBROS FEITOS POR NÓS.
   Vede que presentación máis xeitosa nos deixaron: 


13 may. 2016

... E ESTE CONCURSO REMATOU


Hoxe finalizamos o concurso sobre a vida e obra de Manuel María. A resposta á derradeira pregunta era: "Xistral". Moitas grazas pola vosa participación e seguide disfrutando coa lectura e a escoita dos seus poemas. 
Por certo, sabedes que é O XISTRAL? pois sí, acertáchedes!!! O nome dunha serra galega  ao norte da provincia de Lugo, na terra Chá. No cumio desta serra sopra un vento  húmido e moi frío chamado a XISTRA.

 

 E aquí tendes os ganadores do CHIFRE de hoxe:

 



12 may. 2016

CONCURSO MANUEL MARÍA

Na foto da dereita atoparedes a resposta á pregunta do mércores. A palabra que buscabamos era "soños", que é a segunda palabra do título do libro onde se atopa o poema "O caracol" 


Se queredes participar no noso pasapalabra, mañán tendes a última oportunidade. Averiguade o nome da librería que Manuel María e a súa muller, Saleta, rexentaron en Monforte e cubride a papeleta para o sorteo. Boa sorte!

11 may. 2016

SEGUIMOS CONCURSANDO ...

A resposta a pregunta de onte era: PROCURADOR.
Cal será a de mañán? Le con atención.


O caracol
Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro;
¡pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!
Ó lombo léva-la casa,
caracol, caracoleiro:
¿e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!
Caracol, col, col;
caracol, caracolón;
¡Pon os teus cornos ó sol
ó sol os teus cornos pon. 

E para que vaias practicando a canción que fixo Suso Vaamonde baseándose neste poema, aquí che deixamos un video:
  

10 may. 2016

CONCURSO MANUEL MARÍA

Aquí tendes a resposta correcta á pregunta de onte, luns. Como aínda estades á tempo, deixamos tamén a pregunta de mañán.





Aquí vos deixamos o comenzo doutro dos seus poemas titulado A FALA:

https://www.youtube.com/watch?v=UZWM7fF_0DM


6 may. 2016

PASAPALABRA LETRAS GALEGAS

Anímate! Aproveita o que coñeces sobre a vida e a obra de Manuel María e participa no concurso deste ano. Os afortunados e afortunadas que respondan correctamente á pregunta de cada día participarán no sorteo dun agasallo moi especial.

1 may. 2016

RECURSOS PARA AS LETRAS

    Aquí vos deixamos unha serie de enlaces para traballar sobre as nosas letras na aula ou para os que queirades saber máis. Clicade sobre os enlaces: