28 mar. 2016

TEATRO PARA UNHA CONVIVENCIA!

         Coma todos os anos, visítaronos o alumnado de 2 anos da Escola Infantil LÚA. Unha mañá na que o alumnado de Ed. Infantil do centro compartiu xogos na aula de psicomotricidade e na Biblioteca unha obriña de Teatro sobre o clima, creada polo alumnado da aula de 3ºB titulada: " CHEGOU O FURACÁN ", tamén houbo cancións e...... chiculate con biscoitos no comedor para rematar!!!



15 mar. 2016

ONCE UPON A TIME....

Case todos os contos clásicos comenzan como sabedes, con formas fixas e moi coñecidas como: 

Érase unha vez... 
Nun lugar moi lonxano ...
Fai moitos, moitos anos....

E  claro está, nós non íamos ser menos:

 ONCE UPON A TIME...
      
Mirade que libriño máis chuli coas descripcións dos personaxes dos contos clásicos fixeron os compañeiros de terceiro!, estavos esperando na Biblio, dentro da sección de FEITOS POR NÓS!