27 oct. 2014

XA SABEMOS PARA QUE SON AS ENTRADAS QUE NOS DERON ONTE NO COLE!!!!

Claro, a Meigatintureira Tintureira quere levarnos ao cine con ela, para eso esran as entradas, mirade o cartel que apareceu nos pasillos da escola:


26 oct. 2014

ENTRADAS PARA O CINE...


Hay que estar atentos, esto non é moi normal!!! A Meigatintureira sempre nos manda unha carta a principios de curso onde nos conta as cousiñas que lle aconteceron durante o verán,  este ano.....envíanos ás clases ENTRADAS PARA O CINE......Que extrano!!!

15 oct. 2014

UN NOVO CARTEL.....E UN ANO MÁIS



Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 

O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña, que se sumará aos seis correspondentes das edicións dos anteiores anos que imos colocando no rellano da nosa Biblioteca.


12 oct. 2014

LECTURAS TAMÉN NO METRO !!

Sabedes que é o metro, pois resulta que é unha desas palabras denominadas na gramática como POLISÉMICAS, e pode referirse a unha unidade de medida, cando falamos de que a nosa clase mide uns 8 metros de lonxitude, ou ben dun medio de transporte subterráneo utilizado nas grandes cidades como é o caso en España de Madrid. E preguntarédesvos:
E ISO QUE TEN QUE VER COA LECTURA? 
Pois ben, mirade que idea se lles ocurriu nesta cidade!, nos vagóns do metro poñen fragmentos literarios de autores/as e...
de paso que viaxas, tamén PODES LER!!! 

NORABOA DENDE O NOSO HUMILDE PORTAL A ESTA INICIATIVA!!! 

Aquí vos deixo algunhas historias se queredes curiosear máis:

1 oct. 2014

ESTE ANO VAI DE CINE!!


Non o credes?....pois sí,sí, e este video con logotipos cinemátográficos é boa proba delo... polo tanto ídevos preparando que por ahí debe estar de camiño a carta da nosa benquerida Meigatintureira.