15 jun. 2014

VISITA A BIBLIOTECA CENTRAL

Dentro do programa de formación de usuarios da biblioteca do colexio inclúense varias visitas á Biblioteca Central de Vigo, tanto do alumnado de Infantil coma do de Primaria. Nesta ocasión foron os máis pequenos os que coñeceron a citada biblioteca e participaron nas actividades preparadas para eles.

.

9 jun. 2014

COAS MANS NA MASA

A última proposta do programa "Cociña de contos" foi dirixida ao alumnado de 4º de Primaria. Tras a escoita do conto "Maruxa" de Eva Mejuto e Mafalda Milhoes, da editorial OQO, os rapaces e rapazas amasaron e deron forma e cor as súas "creacións". 


7 jun. 2014

CONTOS A PEDIR DE BOCA

Nesta segunda sesión do programa de Qontarte, os alumnos e alumnas de infantil escoitaron varios contos a petición deles. Despois remataron cun obradoiro de plástica  relacionado coa alimentación.