23 may. 2014

EUROPA Á CARTA

Un ano máis o noso alumnado está a participar na campaña QONTARTE 2014, patrocinada polo departamento de Educación do Concello de Vigo e en colaboración coa editorial OQO.
A primeira proposta desta campaña foi un obradoiro  titulado " Cociñando contos" no que o alumnado de sexto de Primaria coñeceu varios países europeos a través dunha viaxe pola súa gastronomía. Non só aprenderon o nome dos seus platos máis típicos, senón que elaboraron un menú, calcularon os prezos e investigaron propostas de ocio.



17 may. 2014

CONTACONTOS: XAN DAS ONDAS

Grazas á colaboración do ANPA puidemos comenzar a celebración do Día das Letras Galegas escoitando a historia de Xan das Ondas, representada polo grupo Barafunda. Así coñecimos a Xan, un rapaz ao que lle gustaba moito o mar e que, para devolverlle as súas ondas, emprendeu unha gran aventura.



14 may. 2014

O NENO E A ESTRELA



"O neno e a estrela" é o título dun conto editado polo colectivo Fabaloba que trata sobre Díaz Castro de neno. Este conto inspírase no seu libro de poemas NIMBOS. Paga a pena que o leades. Para facelo, premede sobre a imaxe.

O NENO E A ESTRELA

... E ESTE CONCURSO REMATOU


MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E ...ATA O CONCURSO QUE VÉN!


Concurso Letras 2014 -




A resposta é: TRADUTOR
 

PENÉLOPE

 Noraboa aos que acertastes! PENÉLOPE é o nome de muller que dá título ao poema de Díaz Castro máis coñecido.
Por se queredes lelo de novo...


PENÉLOPE

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!






13 may. 2014

SEGUIMOS DE CONCURSO


Destes coa resposta á pregunta do luns? Pois si, o título do único libro que publicou Xosé Mª Díaz Castro é NIMBOS.

12 may. 2014

CONCURSO " XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO"

Aquí tendes a resposta correcta á pregunta do venres 9 e, como aínda estades a tempo, tamén a pregunta para o sorteo de mañán martes.

10 may. 2014

CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014


Anímate!  Aproveita todo o que sabes sobre Xosé Mª Díaz Castro e participa no concurso deste ano.
Os afortunados e afortunadas que respondan correctamente a pregunta de cada día recibirán un agasallo. Lembra que o sorteo farase na hora do recreo. Boa sorte!

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO




 Prepáramonos de novo para celebrar o Día Das Letras Galegas e , para que saibades máis do  homenaxeado, aquí deixamos un libro Lim elaborado polo alumnado do CEIP Condesa de Fenosa de Valdeorras. Ao premer na foto de Xosé Mª Diaz Castro atoparedes unha pequena biografía e actividades para coñecelo mellor.