28 may. 2013

COMO SELECCIONAR UN LIBRO ? DE VERDADE HAI UN LIBRO PARA CADA LECTOR/A ?

           Uns pequenos consellos para aquelas familias que queiran mercar un libro para os seus pequenos, ou tamén uns consellos para calquera que queira agasallar cun libro, clica na imaxe

 

Seguindo estas indicacións... aquí vos deixamos a nosa

 guía de lecturas para este verán 2013:

   <div data-configid="1491149/5648724" style="width: 525px; height: 185px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>



27 may. 2013

O LIBERESPACIO


"Descubrimos que os libros se relacionan uns con outros de mil maneiras, levan uns a outros por mil camiños, comunícanse -por amplos corredores ou portas secretas- como as salas dun pazo inmenso, forman parte dun organismo vivo e en continuo desenvolvemento, son follas dunha mesma árbore. Descubrimos a literatura, nunha palabra. Non como materia escolar, non como catálogo de títulos e autores, senón como mundo animado, como universo. Descubrimos a galaxia Gutenberg, o liberespazo, moi anterior ao ciberespazo e mellor cartografado, aínda que non por iso menos rico en sorpresas e aventuras. E ao converternos en libernautas accedemos, entre a infancia e a adolescencia, ao noso primeiro territorio libre." Carlo Frabetti

 O ilustrador Andrés Meixide, foi o creador deste "pase ao liberespazo", destinado aos lectores e lectoras. Estes poderán ir recollendo as súas "viaxes" polos libros e, a través do visado da biblioteca (que dá fe destas viaxes), acadar a categoría de "libernautas", con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo" . (Blog BE galegas)

O alumnado do noso centro participou  nesta proposta para cubrir o seu pase ao liberespacio:
 

RVB Letras Galegas 2013

         Participa no concurso !!!! e levaras de agasallo........ xa o verás..... a que non o imaxinas? 
Cada día haberá unha pregunta diferente e na hora do recreo poderás saber quenes foron os acertantes.