18 dic. 2012

NÓS TAMÉN NOS SUMAMOS

        Inda que non é un tema específico nin de libros, nin  de Bibliotecas escolares, a primeira vista. Dende a Biblioteca da Meigatintureira tamén nos sumamos áo blogue do noso compañeiro de 4º " Eh profe! " e enlazamos este spot publicitario de Cáritas:

 
            E queredes saber por que? pois porque é responsabilidade de todos que o noso alumnado sexa competente na lectura en diversos soportes, e por suposto no audiodixital: O noso alumnado ten que aprender a leer nos medios, a saber que queren expresar, a ser crítico con eles.
          
            Entre todos/as podemos facer que as cousas sexan diferentes, que cambien, que sexan mellores, ahí está esa campaña de recollida de alimentos do cole para Cáritas. So fai falla que  miremos ao noso arredor, seguro que podemos botar unha man. E non so no Nadal.

17 dic. 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL

Aquí chegan as suxestións lectoras da Meigatintureira:




12 dic. 2012

12 DO 12 DO 12 ÁS 12 E 12

        Que qué é esto?  pois é que as veces hai días especiais, por cousas varias e a de hoxe xa é casualidade. Esta mañá cando puxéchedes a data nas libretas de clase seguro que vos decatáchedes:

12-12-12. 

       Unha data irrepetible. Para celebralo o profe Luis convocou a través do seu blog á súa clase para celebralo na Biblioteca, a voz correuse e ao final éramos unha chea deles/as. Para preparar os ánimos, un conto: "El elefante no puede dormir " de Ed. Blume, un  fermoso conto tradicional chino.



2 dic. 2012

MARILUZ A AVESTRUZ...

MARILUZ, QUE NON MIRA A LUZ,

MARILUZ A AVESTRUZ !!

Os pais de Enma de Infantil de 3 viñeron a contarlles aos seus compañeiros o conto de " Mariluz, a avestruz " de Rachel Chaundler con ilustracions de Bernardo Carvalho de OQO. Mirade que fermosa Avestruz nos trouxeron e ata unha pegatina coa protagonista nos deixaron. Para os que queirades lembrar o conto, con canción incluida, desta presumida avestruz que para non desfacer a súa cola durmía coa cabeza enterrada, podedes velo a continuación:





VISÍTANOS O BARDO ABELARDO

        
Sabedes que é un Bardo? Unha persoa que dende a antigüedade vai dun lugar a outro contando e cantando historias.. un personaxe casi desaparecido na nosa sociedade pero un dos poucos que quedan, O Bardo Abelardo, visitou a nosa Biblioteca e os rapaces e rapazas de Ed. Infantil pasaron un rato moi entretido cos seus contos, cancións...


25 nov. 2012

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un deses dias que non deberan estar no calendario, non é un día precisamente para lembrar porque teñamos algo que festexar, senón todo o contrario. Ben certo é que coa educación podemos facer que o noso entorno, o noso mundo sexa un pouquiño mellor. A nosa aportación neste día vai ser unha adaptación do conto de Adela Turín e Nella Bosnia: ROSA CARAMELO reeditado por Kalandraka.


    A historia dunha pequena elefantiña que vive nunha manda de elefantes e elefantas que viven de maneira separada e fan cousas diferentes: os elefantes son grises, comen herba verde, dúachanse no ría..... as elefantas son rosas, non comen herba verde..... e están encerradas nun valado onde comen unha flores que non lles gustan nada.....
Non vos vou contar o final!

     Aquí vola deixo, narrada polas vosas compañeiras Carla, Irene, Lía e Uxía de 5º. Primeiro disfrutarémola na Biblio na Hora de lectura para os diferentes cursos durante esta semana.

video


Caderniños para traballar nos diferentes ciclos:
                                                          
                                                                                                      
                                                                                                                                                                       

23 nov. 2012

VAIA AMBIENTILLO...



Abrimos na hora do recreo, xa sabedes para facer o préstamo de materiais,
para ver e disfrutar sós ou en compañía.... por ahí andan os nosos recén 
estrenados axudantes dispostos sempre a botar unha man....

22 nov. 2012

USO RESPONSABLE DO MÓVIL E O PORTÁTIL

           Dous videos moi clariños que nos dan unha serie de consellos básicos acerca da utilización deste dosu dispositivos cada ves máis frecuentes nas nosas vidas e nas dos que nos rodean. Vede atentamente e tomade nota.  
TECNOLOXÍA SÍ, PERO CON SENTIDIÑO!!!


 

13 nov. 2012

VOLTAMOS COAS PILAS CARGADAS...

         Coma sempre A CITA das BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS con maiúsculas, un punto de encontro con compañeiros/as doutras Bibliotecas escolares,  sempre unha oportunidade de aprender dos que saben moito e dos que empezan, de renovarse, sobre todo de COMPARTIR ( palabra que coñecemos ben as persoas que traballamos nas BE). 

         Incrible máis de 1.000 mestres e mestras, profesores e profesoras de ensino público de primaria e secundaria reunidos no seu tempo libre para reflexionar e aprender, e máis nos tempos que corren, nos que parece que cada un anda ao seu. Algo misterioso teñen as asesoras Pilar Sampedro, Cristina Novoa e Leonor Mazaira. Grazas polo voso esforzo e traballo en darnos o mellor para a nosa formación e a oportunidade de entrar en contacto cos personas da categoría dos ponentes que traedes ano tras ano. Outra vez GRAZAS!!!.
.          

12 nov. 2012

OUTRO BLOGUE NA NOSA ESCOLA

           Dende o blogue da Meigatintureira a nosa noraboa por este recén esteado blogue da aula de 4º.
      Recomendámovolo deixovos aquí un enlace e outro permanente, na parte dereita deste blog poñémosvos un enlace.

      Os blogues serven para comunicar e este ben seguro que este será unha boa mostra, como dice o profe Luis, o seu creador aludindo ao título do mesmo e ao seu contido:
      " Esta é a expresión que máis se escoita na clase. Sempre hai alguén con algo que contar, preguntar ou comentar. E moitas veces non hai nin tempo para contestar. Ao mellor este sitio serve para iso: para falar das nosas cousas con tranquilidade e compartir o que nos pareza interesante, curioso, divertido..."
         BENVIDO A ESTE MUNDO DA BLOGOSFERA!!!!!!

8 nov. 2012

UN CONTO PARA INAUGURAR E PARA ESCOITAR


           Así comenzamos este curso celebrando o aniversario da Meigatintureira e o seu agasallo para todos os nenos/as do cole foi un conto que tamén fala dos aniversarios e das árbores, da súa memoria. Una presentación en power point acompañada dunha fermosa música ao piano de Marcial del Aladid, unhas ilustracións de Kiko da Silva e texto de Neira Cruz.. 
         Un conto que comenza así :

" Cando Tano naceu, seus pais plantaron no xardín da casa a semente dunha árbore, dun baobab? Ha medrar canda ti?, dixéronlle, e foi pasando o tempo. Cando Tano cumpriu cinco anos, ..."
             Logo, coma en todos os aniversarios, cantamos e comemos pastel de aniversario como no conto de Tano e Baobab. E como non cantamos en varios idiomas. ¿ queredes lembralo ?, pulsa na tarta:

ANIVERSARIO FELIZ, ANIVERSARIO FELIZ.....

         
           E que a MEIGATINTUREIRA se siga quedando con nós por moitos anos máis, oficialmente dende o curso 2007-08 que o colexio entrou no PLAMBE (PLAn de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación). Xa pasaron 5 anos, quen o ía dicir! Gracias por todos estos anos cheos de lecturas e bos momentos!! e por suposto grazas a todo o profesorado  pola vosa colaboración e  a Comunidade Educativa en xeral que fixéchedes posible poder chegar ata este punto!!! polo voso apoio e animosidade!!!

7 nov. 2012

LER PARA VER: IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


           Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela, as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos.
          O lema destas xornadas, LER PARA VER recolle a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, dos medios polos que se transmite información na sociedade actual, unha sociedade na que a información se transmite fundamentalmente a través das redes sociais, o móvil, video...

28 oct. 2012

A TAN ESPERADA CARTA

          Este ano viu o carteiro e deixounos algo moi raro na estrada do cole. Tratábase duns rolos como se fosen pergaminos antiguos da Idade Media ou algo así. Cada un deles levaba unha etiqueta e uns selos moi raros, como se fosen doutros paises. Nunha das partes aparecía o nome da clase onde tiña que ser entregado.

             O misterio non  era outro que a carta que a Meigatintureira nos envía todos os anos por estas datas:
         Se queres lela, preme na pergamino:


             O que si nos quedou claro é que a Meigatintureira ten ganas de festa este ano xa que o lema que elexiu e:
"FESTEXANDO, FESTEXANDO... 
O ANO VAI PASANDO"

XA CHEGA, XA CHEGA......



          Xa está aquí, un  ano máis a nosa amiga a MEIGATINTUREIRA  despois dun longo e descansado verán pola súa parte... Xa sabedes o moito que lle gusta viaxar.
              Nun ano no que o lema que se presenta no mes das bibliotecas escolares é " A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro ", nós intentaremos aportar o noso granciño de area. 


14 jul. 2012

150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE KLIMT

Gustaw Klimt foi un pintor de estilo modernista nacido en Viena do que se cumple hoxe, 14 de xullo, o 150 aniversario do seu nacemento. O seu peculiar estilo, moi ornamentado e de inspiración fundamentalmente feminina, converteuno no pintor austríaco máis famoso do seu tempo. Podedes ver aquí alghunas das súas obras máis fermosas, observade e disfrutade delas:


DÉCIMO ANIVERSARIO DA NOSA REVISTA ESCOLAR " O RECHOUCHÍO "

      Non é ningunha leria chegar a un X aniversario cos tempos que corren na actualidade, pero grazas ao empeño do Equipo de profesores e profesoras do colexio e coordinados polo Equipo de Normalización Lingüística un ano máis viu a luz a pesares dos recortes. Eso sí este ano foi imposible poder facela en formato papel como viña sendo tradicional para agasallar as familias en fin de curso. Os recortes que tristemente tamén chegan a ámbitos tan fundamentais como a Educación.


11 jun. 2012

ALFIN NA BE

A que vos preguntades de que se trata todo este lío? Pois nada menos que das iniciais de ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL que é o que facemos na nosa Biblioteca Escolar cos seus  usuarios/as  que son na sua maioría o noso alumnado.

VALENTÍN PAZ ANDRADE VISTO POLO ALUMNADO DE 5º

Un pequeniño traballode investigación sobre o personaxe homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. Decidimos facer unha montaxe e aquí volo deixamos. Esperamos que vos guste.

27 may. 2012

EXPOSICIÓN TEMÁTICA: OS SERES FANTÁSTICOS

            Seguimos investigando e facendo Alfabetización Informacional ou se preferides ALFIN que sería a terminoloxía máis exacta. Tentaremos elaborar un pequeno libriño sobre a mitoloxía galega elaborado polo alumnado de segundo e terceiro ciclo, xa vos contaremos.

                           
Exposición Habelas, hailas

19 may. 2012

18 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.


      
      Con este cartél preténdese anunciar unha celebración que as veces pasa desapercibida, sobre todo para nós despois da das Letras Galegas. Trátase do 18 de maio no que se celebra o Día Internacional dos Museos, DIM no que participan máis de 2000 museos de toda Europa. 
      O lema para este ano é "MUSEOS NUN MUNDO CAMBIANTE. NOVOS RETOS, NOVAS INSPIRACIÓNS".


         O Museo de Arte Contemporáneo da nosa cidade, o MARCO, celebrou este día con propostas moi variadas  e para todas as idades. Una delas moi curiosa, talleres infantiles de ilustración para celebrar o cumpreanos dun personaxe moi especial e  querido: O XABARÍN que o pasado 18 de abril celebrou a súa maioría de idade.


CELEBRAMOS AS LETRAS

3 may. 2012

CAMIÑANDO CARA AS LETRAS: Recursos

        Un ano máis preparámonos para celebrar o DIÁ DAS LETRS GALEGAS,  o DÍA DAS NOSAS LETRAS, e para irnos aproximando ao personaxe deste ano aquí vos deixamos un Informativo realizado polo alumnado do CPI Dos Dices en Rois:


       Aquí temos unha chea de actividades seleccionadas polo equipo de Biblioteca do CEIP Teis Frián que nos permitirán traballar nestes días co noso alumnado a través das NNTT acercándonos á traxectoria de VALENTÍN PAZ ANDRADE.

     Na primeira fotografía tedes enlaces a LIMS para Infantil, 1º, 2º e 3º ciclo así coma xogos de parellas elaborados polos compañeiros do ceip de Teis Frián.


      Na segunda está o enlace a diversas páxinas de institucións e centros con actividades e recursos diversos.



...

UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE

Dende logo que foi unha experiencia inesquecible na que participou todo o alumnado e o profesorado do centro ao que lles temos que agradecer, coma sempre, a maravillosa acollida a esta proposta. Gracias a todos/as e Bó día do libro!!!

22 abr. 2012

E TAMÉN TALLERES NA BIBLIO E APADRIÑAMENTOS LECTORES

         Durante esta semana terá lugar na Biblioteca un taller de construcción de marcapáxinas no que participarán o alumnado de Primaria do centro. 
      
        Ao mesmo tempo o momento central da semana terá lugar cos apadriñamentos lectores, unha proposta de lectura ao mesmo tempo para todo o alumnado do centro. Cada neno/a será apadriñado por outro/a maior que lle leerá un conto como agasallo para celebrar o día do día do libro.

LIBROS VOADORES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO.....

   "The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore" ( os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore ) recibiu  no ano 2011 un Oscar ao mellor corto de animación. O tema central da historia é o amor polos libros e a capacidade de éstos para transformar ás nosas vidas cando nos mergullamos no mundo da lectura.

      A historia é tremendamente simbólica, cun trasfondo alusivo ao huracán Katrina que destruiu a cidade de Nueva Orleans no ano 2005, un mundo en branco e negro frente as parcelas de cor que son iluminadas polos libros.


13 abr. 2012

NON DEIXES PARA MAÑÁ O QUE POIDAS LER HOXE...

Non, non, ...non estades confundidos/as!. Xa sei que sabedes eso de " Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe " pero lembrade que estamos dentro do blogue da Meigatintureira e polo tanto sumámonos a esta campaña do Ministerio de Educación e Ciencia baixo o lema " NON DEIXES PARA MAÑÁ O QUE POIDAS LER HOXE " . Xa sabes:  TOMA NOTA. 

12 abr. 2012

UNHA GUÍA PARA TER EN CONTA

Moitas veces o descoñecemento lévanos a tomar decisións inadecuadas. Esta guía é unha magnífica axuda no que se refire ao mundo da publicación en galego nos diferentes xéneros. Inclúe todos os libros infantis e xuvenis publicados en Galicia ao longo de 2011 e o que levamos do 2012. Está publicada pola Secretaría Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia e foi presentada  o pasado 20 de marzo na Feira do libro de Boloña (considerada unha das mellores da actualidade).

11 abr. 2012

GABRIEL GARCÍA MARQUEZ AO ALCANCE DO PÚBLICO

       Cien anos de soledad, crónica de una muerte anunciada, el amor en los tiempos del cólera, el coronel no tiene quien le escriba..... y así hasta un total de 31 títulos regalados a través de esta página, para descargarlos y poder leerlos y disfrutarlos ... de otra forma... a través de los soportes que nos ofrecen las nuevas tecnologías. Pinchar en la fotografía de Gabriel García Marquez.

 

UNHA VARIADA POSTA EN ESCEA

                       Ed. Infantil de 3 anos

video
                                                                                   
                                                                    Ed. Infantil de 4 anos

video 
    
                       Ed. Infantil de 5 anos

video

21 mar. 2012

IDE ABRINDO BOCA

video
video

HOMENAXE A ROSALÍA

                 Hoxe 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, celebrarémolo na Biblioteca cun homenaxe poético á ROSALÍA DE CASTRO, da cal celebramos este ano o 175 aniversario do seu nacemento. Este homenaxe prolongarase os vindeiros mércores e xoves e nel participará todo o alumnado do centro. Aquí tedes o programa de como nos imos a organizar:


UNHA REUNIÓN DE BIBLIOTECARIOS/AS MOI ESPECIAL

O pasado 19 de marzo reunímonos os equipos de biblioteca de varios coles da zona de Vigo, Nigrán e Baiona nunha Biblioteca pero que moi especial, a Biblioteca do CEE de Panxón. Enlazamos coa fermosa montaxe que fixo a nosa compañeira, e alma do grupo, Ángeles do CEIP Emilia Pardo Bázán.

14 mar. 2012

EUROPA EN VERSIÓN PUZZLE

Aprende máis sobre os paises Europeos, onde están situados, as súas bandeiras, superficie, nº de habitantes e de paso divírtete.


11 mar. 2012

VAIA AGASALLO!!!

            O QUIJOTE INTERACTIVO é un proxeto que permite acercarnos á primeira edición que se fixo da obra do escritor Miguel de Cervantes (as de Madrid de 1605 e 1615)que se conserva nos fondos da Biblioteca Nacional de España. É un agasallo fantástico, é como se poidésemos ter a obra nas nosas máns. Pero inda máis podemos ver fotos, gravados, mapas... que nos axudan a coñecer más cousas sobre a obra.
         
   Para poder velo preme na imaxe:

 
 

SALÓN DO LIBRO 2012 PONTEVEDRA

   
      Do 1 ao 31 de marzo celébrase en Pontevedra un acontecemento moi importante arredor do libro: trátase da edición nº 13, ou mellor 12+1 da edición do SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, unha cita xa clásica e un espazo maravilloso para o mundo que xira en torno as letras eo fantástico. Este ano, a que non adiviñades cal é o tema central ? Non sei se é un casual pero é un tema moi parecido ao que estamos a traballar este curso no noso cole pero eles titúlano 12+1(e que o 13 seica da  mala sorte): O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil....

5 mar. 2012

CONVIVENCIA COA ESCOLA INFANTIL LÚA

       O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia na que participou o alumnado de Educación Infantil do noso centro e os cativos de 2 anos da Escola Infantil Lúa. A Biblioteca colaborou cunha pequena adaptación en guiñol do conto " A tartaruga que quería durmir " na que colaborou o alumnado de 5º. Gracias pola vosa colaboración!!! Pasamos unha mañá moi agradable .... e logo chocolate e biscoitos para todos.Se queredes ver a obra, podedes facelo a continuación:


27 feb. 2012

E A OS DE SEXTO TAMÉN NOS TOCOU...

     Neste curso decidiuse sistematizar ao final de cada un dos ciclos as visitas guiadas á Biblioteca Nodal de Vigo, que como xa sabedes é a Biblioteca Central da nosa cidade. A visitdúas a co curso de 6º realizouse o pasado venres 24 de febeiro e realmente foi un éxito, despois de dúas horas alí dentro non queríamos voltar á escola e queríamos continuar naquel mundo fantástico. A verdade é que as monitoras que nos esperaban eran moi agradables e aprendimos moitas cousas sobre a hiostoria do edificio, o funcionamento da Biblioteca, que podemos atopar nela..... puxéronnnos en varios grupos e logo fixemos un xogo de búsqueda en relación coa formación de usuarios... e deixánonnos unha selección de libros con pops-up extraordinaria que fixeron a delicia de todoa/as os que alí estabamos.

 

O PERIGOSO CAMIÑO AO COLE...

       As veces non nos paramos a pensar, pero somos uns privilexiados. Imos ao colexio en Bus escolar ou traennos os nosos pais no coche ou ao peor vimos andando 400 ou 500 metros por camiños asfaltados. Hai moitos nenos e nenas do mundo que para ir a súa escola teñen que camiñar moito tempo e por lugares perigosos, as veces durante horas.... que non me credes!! O pasado domingo saiu un pequeno artigo na revista dominical xlsemanal no que nos conta as peripecias que teñen que facer os rapaces e rapazas dunha pequena aldea de Indonesia (Lebak na provincia de Banten) para asistir ao cole. Vede, vede e logo me contades a vosa opinión a través do Blog da Meigatintureira.



26 feb. 2012

UNHA DE NAMORADOS NOS MÉRCORES LECTORES

O 15 de febreiro celebramos o noso particular San Valentín na Biblio... Queres saber que ocurre cando CANDO UNHA CORALINA ATOPOU UN SERALÍN...Non deixes de pedir o libro na Biblioteca se non poideches asistir á pesentación do conto o pasado día 15 de febreiro:


12 feb. 2012

OS DE SEGUNDO TAMEN FOMOS... Á BIBLIOTECA

¿Queredes saber cousas sobre a Biblioteca Central?¿onde está situada?¿quen a deseñou?... Preme na seguinte imaxe para poder velo con máis detenemento.


 Os rapaces e rapazas de segundo tamén fomos á Biblioteca Central e o máis cursioso de todo é que teñen os materiais separados casi igual que a nosa Biblioteca do Cole. ¿Poñeríanse de acordo?.

VISITAMOS A BIBLIOTECA CENTRAL COS DE INFANTIL 5

         Os rapaces e rapazas de Educación Infantil de 5 anos visitaron a Biblioteca Central de Vigo dentro das visitas organizadas para o alumnado en colaboración coa citada institución. Trátase dunha visita ao final de cada un dos catro ciclos da escolaridade que están na escola. As actividades propostas son diferentes según se trate dun curso ou doutro. Están integradas dentro do programa de Formación de persoas usuarias que se leva a cabo dende a Biblioteca do centro.

2 feb. 2012

HOXE NO RECREO

Para que logo digan que a lectura está pasada de moda, que aos rapaces xa non lles gustan os libros, e non digamos as Bibliotecas.... vede a nosa hoxe na hora do recreo:




1 feb. 2012

PARA VIVIR EN PAZ.

        Unha exposición sobre materiais relacionados co tema e contacontos para os diferentes ciclos partindo de dous libros: MI PAIS ESTÁ EN GUERRA  de Fátima Sharafeddine para os cursos de 2º a 6º e TODOS PARA UNO Y UNO PARA TODOS de Brigitte Weninger para E.I. e 1º ciclo foron as propostas do Equipo de Biblioteca. Asimesmo os cursos de 4º, 5º e 6º realizaron tamén un pequeno traballo de investigación quen deu como resultado un mural colaborativo onde situaron os diferentes paises do mundo que están en guerra.


31 ene. 2012

INVOCÁMOSTE PAZ !!!


Queredes algo máis efectivo e máxico para convertirnos en seres pacíficos que un conxuro? Xa sabedes, HABELAS HAILAS...con el invocamos a todos os seres máxicos da nosa terra:



TRASNOS E FADAS,
MEIGAS E PANTASMAS,
SEREAS CANTADORAS,
LOBISHOMES ARREPENTIDOS,
OGROS PARVOS E DEMOS REIDORES…
TRAEDE ALGO A ESTA POTA,
DE CADA UN DE VÓS,
PARA FACER UN CONXURO
QUE CONVIRTA ESTE MUNDO
NUN LUGAR MILLOR.
...

para seguir lendo preme AQUÍ

30 ene. 2012

LULÚ PECAS VISÍTANOS


A nosa compañeira Eva de 5º presentounos o pasado mércores unha nova colección de libros que ten como protagonista a unha rapaza de 8 anos chamada LULÚ PECAS á que lle ocurren unhas aventuras moi graciosas. Ata tivemos sorteo e todo ! Anímate e ven recoller o teu exemplar, podes elexir entre Una aventura en el colegio ou Un cumpleaños muy molón, XA HAI LISTA DE ESPERA!

29 ene. 2012

LIBROS PARA VIVIR EN PAZ: GUÍA DE LECTURA

     Estas son unhas datas moi importantes para a comunidade educativa, andamos todos inmersos e a voltas co tema da Paz, as Bibliotecas escolares galegas están a aportar materiais para traballar dende a aula un tema que debería de abarcar todo o noso quefacer diario na escola.A nosa aportación este ano é dunha Guía de lectura que parte da exposición que hai estes días na Biblioteca, podedes visitala, estades todos e todas invitados, incluso as familias:




17 ene. 2012

CAMIÑANDO CARA Á PAZ...

           Aquí vos imos deixando algunhas propostas para o DÍA DA PAZ, se clicades nelas atoparedes contos con pictogramas, xogos e tamén un LIM (Libro Dixital Interactivo) nos que poderedes divertirvos e aprender moitas cousas arredor da Paz.


                                                  

POLA ESCOLA PÚBLICA...

     Dous fermosos videos que o blogue da nosa Biblioteca e a Meigatintureira quere adicar aos   MESTRES E MESTRAS que traballan día a día esforzándose por dar un ensino de calidade,  a todos/as elas Grazas:


A pluralidade da Escola Pública, para tod@s queda ben patente na seguinte presentación: