15 dic. 2011

COMENZAMOS COS MÉRCORES LECTORES.....

           Unha das propostas da nosa Biblioteca que vai collendo máis adeptos día a día, este curso comenzamos cun conto de Ed. Lumen: ARTURO Y CLEMENTINA, unha historia de amor que non resultou ser tal. A contadora: a mestra de 6º Mª José que nos fixo estar a todos máis que atentos: 


13 dic. 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Aquí temos unha chea de RECURSOS recopilados pola coordenadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para traballar O NADAL na escola, clica sobre a imaxe:

 Outro recurso que vos deixamos é a GUÍA DE LECTURAS Nadal 2011, unha guía para un Nadal inesquecible:

 

9 dic. 2011

PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Foi concedido ao escritor Vigués AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ no marco da feira internacional do Libro de Guadalajara, México con un discurso baixo o título: LER PARA TRANSFORMAR O MUNDO. Un fermoso documento do amor aos libros e a arte de relatar como él o fai.



No seguinte enlace podedes ler o discurso, é moi fermoso e non ten desperdicio:



Na biblioteca do cole temos moitas das súas obras, anímate e leva algunha delas!! , temos nada menos que 21
xa verás como che gustan, entre elas:

A cidade dos desexos,
As flores radiactivas, Contos por palabras,
O tesouro do dragón Smaug, Unha lúa na fiestra,
O laboratorio do doutor Nogueira,
Un tren cargado de misterios
A escola dos piratas,
Lúa do Senegal,
Que medo mamá Raquél,
A serea da illa Negra,
No corazón do bosque,
Rapazas,
Querido inimigo,
Unha lúa na fiestra,
Laura e os ratos,
Quéroche contar un conto,
Raquel ten medo...

O APALPADOR

           Todas as culturas teñen un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Apalpador, que sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro (Lugo). Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.

O Apalpador é un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 31 de decembro baixa ata as aldeas, e achégase aos nenos e ás nenas que dormen e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. (Vieiros da Escola decembro 2009).

 Escoita como Fina conta como ela vivira de nena a visita do Apalpador:


 Agora podes escoitar e velo en forma de conto:


Pola excitación da chegada do Apalpador e da xente que está na casa esa noite as criaturas non poden durmin e bulen polo que para sosegalos os maiores da casa cantábanlles a seguinte cantiga:

Vaite logo meu meniño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpador 
a palparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande, 
día do Noso Señor,
xa chegou o día grande
e virá o apalpador.

Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e ha de vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Aquí a podedes escoitala na voz de Xavier Días:

BIBLIOTECAS GALEGAS... PARABÉNS!!!

O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á Consellería de Educación que no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011, acadaron galardón seis bibliotecas escolares desta comunidade. Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio na modalidade de ensino infantil e primario é para un centro galego. Velaquí a relación de centros premiados:
Parabéns ás comunidades educativas destes centros polo esforzo realizado, e polo recoñecemento que estes premios supoñen á profesionalidade e o compromiso do profesorado que pon en marcha e mantén estas bibliotecas, estes espazos educativos de primeiro nivel.
SODES UN REFERENTE PARA TODOS NÓS!!!.


DISCAPACIDADE


O pasado 3 de decembro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE este ano baixo o lema: “ Xuntos en pro dun mundo mellor para todos”.
Como dí a canción : Sean cuales sean nuestras diferencias, facilitemos la convivencia:



CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 de novembro, unha data importante a ter en conta: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. As veces non nos decatamos e temos actitudes inconscientes que se transforman en actos e pouco a pouco imos anulando a persoa que temos ao lado, como lle pasou a rapaza do conto que podedes ver a continuación:



ou a Arturo coa sua moza Clementina:



Para os que queirades seguir profundizando neste tema aquí vos deixamos unha serie de propostas de traballo na aula (e tamén para as familias) que tan xenerosamente nos cederon dende o CEIP Victor Sáenz. Clica no enlace: