15 dic. 2011

COMENZAMOS COS MÉRCORES LECTORES.....

           Unha das propostas da nosa Biblioteca que vai collendo máis adeptos día a día, este curso comenzamos cun conto de Ed. Lumen: ARTURO Y CLEMENTINA, unha historia de amor que non resultou ser tal. A contadora: a mestra de 6º Mª José que nos fixo estar a todos máis que atentos: 


13 dic. 2011

RECURSOS PARA O NADAL

Aquí temos unha chea de RECURSOS recopilados pola coordenadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para traballar O NADAL na escola, clica sobre a imaxe:

 Outro recurso que vos deixamos é a GUÍA DE LECTURAS Nadal 2011, unha guía para un Nadal inesquecible:

 

9 dic. 2011

PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Foi concedido ao escritor Vigués AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ no marco da feira internacional do Libro de Guadalajara, México con un discurso baixo o título: LER PARA TRANSFORMAR O MUNDO. Un fermoso documento do amor aos libros e a arte de relatar como él o fai.



No seguinte enlace podedes ler o discurso, é moi fermoso e non ten desperdicio:



Na biblioteca do cole temos moitas das súas obras, anímate e leva algunha delas!! , temos nada menos que 21
xa verás como che gustan, entre elas:

A cidade dos desexos,
As flores radiactivas, Contos por palabras,
O tesouro do dragón Smaug, Unha lúa na fiestra,
O laboratorio do doutor Nogueira,
Un tren cargado de misterios
A escola dos piratas,
Lúa do Senegal,
Que medo mamá Raquél,
A serea da illa Negra,
No corazón do bosque,
Rapazas,
Querido inimigo,
Unha lúa na fiestra,
Laura e os ratos,
Quéroche contar un conto,
Raquel ten medo...

O APALPADOR

           Todas as culturas teñen un home sabio pola idade que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. A cultura galega ten o Apalpador, que sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro (Lugo). Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.

O Apalpador é un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.

Na noite do 31 de decembro baixa ata as aldeas, e achégase aos nenos e ás nenas que dormen e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. (Vieiros da Escola decembro 2009).

 Escoita como Fina conta como ela vivira de nena a visita do Apalpador:


 Agora podes escoitar e velo en forma de conto:


Pola excitación da chegada do Apalpador e da xente que está na casa esa noite as criaturas non poden durmin e bulen polo que para sosegalos os maiores da casa cantábanlles a seguinte cantiga:

Vaite logo meu meniño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpador 
a palparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande, 
día do Noso Señor,
xa chegou o día grande
e virá o apalpador.

Mañá é día de cachela
e haberá gran nevarada
e ha de vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Aquí a podedes escoitala na voz de Xavier Días:

BIBLIOTECAS GALEGAS... PARABÉNS!!!

O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á Consellería de Educación que no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011, acadaron galardón seis bibliotecas escolares desta comunidade. Por segundo ano consecutivo, o primeiro premio na modalidade de ensino infantil e primario é para un centro galego. Velaquí a relación de centros premiados:
Parabéns ás comunidades educativas destes centros polo esforzo realizado, e polo recoñecemento que estes premios supoñen á profesionalidade e o compromiso do profesorado que pon en marcha e mantén estas bibliotecas, estes espazos educativos de primeiro nivel.
SODES UN REFERENTE PARA TODOS NÓS!!!.


DISCAPACIDADE


O pasado 3 de decembro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE este ano baixo o lema: “ Xuntos en pro dun mundo mellor para todos”.
Como dí a canción : Sean cuales sean nuestras diferencias, facilitemos la convivencia:



CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 de novembro, unha data importante a ter en conta: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. As veces non nos decatamos e temos actitudes inconscientes que se transforman en actos e pouco a pouco imos anulando a persoa que temos ao lado, como lle pasou a rapaza do conto que podedes ver a continuación:



ou a Arturo coa sua moza Clementina:



Para os que queirades seguir profundizando neste tema aquí vos deixamos unha serie de propostas de traballo na aula (e tamén para as familias) que tan xenerosamente nos cederon dende o CEIP Victor Sáenz. Clica no enlace:

9 nov. 2011

SANTA COMPAÑA E LOBISOMES PARA OS MAIORES

Seguindo coas tradición da nosa Terra, dúas especialmente famosas, tamén alén das nosas terras: A da Santa Compaña e os Lobisomes. A profe María José meteunos, co misterio que so unha boa contadora como ela sabe, nun mundo neboento e de bosques misteriosos. Eso si mantivo ao alumnado de 5º e 6º cos ollos ben abertos e expectantes. Rematamos a presentación cun taller de plastilina no que cada un dos participantes fixo un tres en raia cos personaxes da Santa Compaña.



O GATIPEDRO


Sabedes quen é o GATIPEDRO ? Según o escritor galego Álvaro Cunqueiro na súa obra "Escola de menciñeiros" :

" O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz".

Pero como vencelo? eso foi o que averiguaron os rapaces e rapazas de 3º e 4º que se acercaron á Biblioteca a escoitar como Pedrochosco lle axudaba aos protagonistas das nosas historias, no seu paseo polo mundo dos soños e dos pesadelos en busca do Gatipedro ata que conseguiron vencelo. O agasallo? un saquiño de sal por que este ser misterioso anda coa língua de arrastro e poñendoo nas pálpebras ou arredor da cama polo chan conseguimos espantalo.



O ZAPATEIRO E OS TRASNOS

Seguro que sabedes moi ben que é o que fai un zapateiro, pero sabedes que é un trasno? e como librarse del se o atopas? fai click na seguinte imaxe e poderás averigualo:


O zapateiro e os trasnos foi unha proposta de conto en presentación de powerpoint para o alumnado de Educación infantil e Primeiro ciclo baseado nun conto tradicional versionado na Editorial Kalandraka por Eva Mejuto e Elía Manero.



HABELAS, HAILAS...


Xa está aquí, xa chegou..... O GRAN DÍA, por fin poidemos entrar na Biblioteca que unha vez máis estivo de reformas.
Os pasados 3 e 4 de novembro celebramos a apertura oficial da Biblioteca. Este ano a nosa MEIGATINTUREIRA levaranos por unha viaxe arredor das lendas, as historias...a mitoloxía da nosa terra nunha proposta baixo o lema: "HABELAS, HAILAS....". Para ambientar a nosa escola as mestras fixeron varios murais que representan algunhas das nosas tradicións: A Maruxaina, a Santa Compaña, os trasnos, lobisomes, fadas, meigas... sen esquencer a meigas voadoras que adornan as entradas, a Biblioteca e os pasillos do cole. Vede, vede que fermosos:



8 nov. 2011

CHEGA O OUTONO E CON EL ABRIMOS AS PORTAS...


Un ano máis ... aquí vai chegando a nosa meiga favorita, acompañada polas fermosas cores do noso outono escolar. 

Deixámosvos a súa carta que chegou ás clases por correo








20 jun. 2011

VAI CHEGANDO O VERÁN... E OS RECHOUCHÍOS

E con él as suxerencias lectoras da Meigatintureira e dos seus axudantes: o Equipo de Biblioteca do cole. Aquí volo deixamos para que teñades unhas felices lecturas este verán:



Un ano máis un novo número da nosa revista O RECHOUCHÍO un agasallo para toda a comunidade educativa que esta ano estrea presentación en versión dixital.



Por certo, sabedes o que é un rechouchío? Pincha no seguinte enlace e poderás buscala no Diccionario Dixital da Real Academia Galega palabra para averigualo.

8 jun. 2011

UN LIBRO CURIOSO


Seguro que liches unha ducia de veces o conto de CARRAPUCHIÑA VERMELLA de Perrault en diferentes versións, pero aquí amosámosche un conto diferente con 21 versións diferentes: ÉRASE VEINTINUNA VECES CAPERUCITA ROJA de Ed. Media vaca. O libro é o resultado do traballo de 21 ilustradoras xaponesas e polo tanto atoparas 21 contos con 21 carrapuchiñas vermellas, pero non repetido o mesmo, non...: atoparas historias de medo, de risa, aventuras, de pantasmas, de amor....

Un deses contos é a historia de LACITO ROJO, se o queres ler e ao mesmo tempo disfrutar con el facendo actividades nun libro interactivo (LIM). Pincha no enlace inferior e poderalo facaer nunha proposta feita polo profesor Luis Sancho do noso cole:

7 jun. 2011

O PLANETA PRECISA DE TÍ: "TODOS UNIDOS POLO CAMBIO CLIMÁTICO".


O 5 se xuño celébrase O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE . Os bosque son condiderados os pulmóns do planeta xa que contribúen a controlar as emisiones de CO2 que enviamos á atmósfera coas fábricas, os coches... Algún dos grandes enemigos dos bosques son os incendios, as talas incontroladas ...

¿ E seguramente preguntaste que podes facer para poñer o teu grao de area? Ao mellos podes comenzar pola regra das TRES ERRES: Reducir, Reciclar, Reutilizar, e se non sabes de que se trata, atento ao seguinte vídeo:



Neste libro de S. Duval, N. Hubesch e B. Lefort poderas aprender máis cousas sobre como salvar ao Planeta:





30 may. 2011

MI AMIGO EL VAMPIRO.


Dende logo que hai persoas cunhas amistades un pouco peculiares !! O pasado mércores 25 de maio Iria de 5º presentounos un amigo moi especial: Un VAMPIRO !!! Pobre Leonardo o único que quere é ter un amigo, claro é fillo único e non ten con quen xogar... pero cando o atopa... fatalidade.
Podes pillalo na Biblioteca do cole, pasarás un rato xenial.


RECADACIÓN

No mercadillo celebrado o pasado venres 20 de maio recaudáronse, 185 € non de Tintu€uros (que rondaron os 800) que foron destinados para axudas do Terremoto en Lorca na conta da Cruz Roja.
Dende aquí moitísimas grazas as familias que, coma sempre colaborades nas iniciativas que se propoñen dende o centro.

23 may. 2011

CELEBRACIÓN DAS LETRAS


Celebración para o día das Letras Galegas por todo o alto: maios, mercadiño de libros usados, actuacións do grupo etnográfico a Buxaina de Coruxo...
Xuntámonos arredor do maio que fixeramos os días anteriores para cantar as coplas. O alumnado de 6º interpretou o Himno Galego e o grupo da Buxaina puxo o broche con xogos de roda e baile tradicional( Danza tradicional de Reyes de Coruxo) ao que nos animaron a participar.




Para rematar a xornada o III Mercadiño de Libros Usados cunha animada participación da Comunidade educativa: alumnado, persoal non docente, profesorado e familias.
Dende aquí graciñas a todos pola vosa colaboración e en especial ao alumnado colaborador da Biblioteca.




FIXEMOS UN MAIO....

Cantigas para o maio:

MAIO, MAIO ENTRA RAPIDIÑO,
NON TE DEMORES AO LONGO DO CAMIÑO
CANTEMOS O MAIO SEÑORAS E SEÑORES,
CANTEMOS O MAIO QUE ESTÁ CHEO DE FLORES......

ou esta outra:

FIXEMOS UN MAIO CARGADO DE FLORES
UN MAIO FERMOSO QUE TEN MOITAS CORES.
CUBRÍMOLO DE FIUNCHO, DE LARANXAS E LIMÓNS,
DE PAMPULLOS E DE OVOS ADORNANDO AO REDOR....


E agora para aprender máis cousas sobre os maios premede nesta presentación:



PREPARANDO O MERCADILLO...


Xa imos na III edición do MERCADILLO DE LIBROS USADOS. Estamos preparándoo con moita ilusión, esperamos que teña a acollida das edicións anteriores. Como sabedes o obxectivo é o intercambio de libros entre o alumnado así como a convivencia entre as familias e a colaboración solidaria, neste caso coas víctimas do terremoto de Lorca, a través da CRUZ VERMELLA.

Cada alumno pode traer da súa casa un libro, Cd, DvD... e a súa titora daralle a cambio un Tintur€uro (a moeda oficial do mercadillo), os pais poderedes mercar ao precio simbólico de 1 €.
Xa vos iremos contando as novidades.

CANDO ME AGARIMAS EN GALEGO...: CANCIÓN PARA AS LETRAS.

Dende o IES de Salvaterra de Miño envíannos esta fermosa versión da cantiga "Ti es dos meus", un fermoso agasallo para o día das Letras Galegas, dende o noso blog dámoslles as grazas e sumámonos a esta proposta, vos tamén podedes participar e enviarlla a un amigo:

Cando me agarimas en galego

compartimos luz e son de seu,
brétema e camelia que no inverno floreceu.
Daquela, brillo de estrela, ti es dos meus.

13 may. 2011

LEMON TREE NA BIBLIO

O alumnado de 6º está a traballar coa canción LEMON TREE do grupo Fools Garden, se queredes aprendela vos tamén, atentos a esta versión coa que traballaron eles esta mañá na Biblioteca en versión Karaoke:








2 may. 2011

LETRAS GALEGAS 2011: RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA.



Este ano o día das letras galegas adícaselle ao poeta Lois Pereiro, a continuación enlazamos un listado de recursos facilitados pola Biblioteca do ceip Mestres Goldar para traballar sobre a súa figura, preme no enlace ou na fotografía:


EDICIÓN INTERACTIVA DO QUIXOTE




A Biblioteca Nacional de España presentou O Quixote interactivo , un proxecto que permite un acercamiento innovador á primeira edición da obra cumbre de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional. Gracias a esta iniciativa é posible disfrutar do Quixote como si tiveramos o libro do século XVII nas nosas mans, impresionante !, incluso podedes escoitar o paso das follas do libro.


O QUIXOTE INTERACTIVO

1 may. 2011

EU FALO GALEGO POR QUE....E TÍ?

Dende a Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística do IES FONTEM ALBEI na Fonsagrada en Lugo envíannos este vídeo gañador do concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma. Denda Biblioteca da Meigatintureira OS NOSOS PARABÉNS!!

28 abr. 2011

DÍA DO LIBRO 2011: A ESCRITORA ANA MARÍA MATUTE RECIBE O PREMIO CERVANTES 2010.


"OS LIBROS SON A FORMA DE DIÁLOGO MÁIS PODEROSA ENTRE S PERSOAS, NAS COMUNIDADES, ESTRE AS XERACIÓNS E CON OUTRAS SOCIEDADES..." ,Mensaje de la Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do día do libro.

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Nos diferentes países do mundo fanse celebracións para conmemorar esta data. En Cataluña, coincidindo coa festividade de San Jordi é tradicional que as persoas queridas se regalen un libro e unha rosa.


Este ano o Ministerio de Cultura entregou o Premio Cervantes (o máximo galardón das letras hispánicas) á escritora Ana María Matute como recoñecemento á súa traxectoria. A entrega deste galardón foi o acto central do Día do Libro.

21 abr. 2011

ABRIL, MES DOS LIBROS: CAMPAÑA CONTARTE 2011

Un ano máis e por terceira ocasión o noso alumnado participou na campaña CONTARTE 2011, promovida polo departamento de Educación do Concello de Vigo en colaboración coa editorial OQO, nunha proposta que mezcla a arte e a literatura infantil neste mes de abril, mes dos libros. Realizáronse talleres nos que participou todo o alumnado de primaria, dende 1º a 6º. As propostas partiron de dous libros que aproveitamos para recomendarvos se non os coñecedes.

O primeiro deles é A CAIXA DOS RECORDOS de Anna Castagnoli e a ilustradora de Isabelle Arsenault un sinxelo relato que percorre a infancia e o mundo dos afectos a través dos recordos que garda a protagonista nunha pequena caixiña cunha estrela na tapa.


O segundo A CAIXA DE CARTÓN de Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan, un drama da inmigración contado en 1ª persoa a través dunha nena pequena, tristura, melancolía, dureza, crueldade...pero tamén un relato de solidaridade nun mundo no que as veces
renunciamos a ver.
A continuación podedes ver o resultado das propostas e os obradoiros:




NEIRA VILAS PECHA OS ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA 2011



O pasado venres 8 de abril dímonos cita en Santiago a totalidade dos responsables das Bibliotecas Escolares dos Centros integrados dentro do PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE). Os centros integrados neste curso 2010-11 asistiron as xornadas dende o xoves 7 de abril. Un total de 374 centros na nosa comunidade intercambiando experiencias e sobre todo aprendendo e ilusionándonos e cargando pilas co traballo dos demáis.
Pola mañá Teresa Mañá e Mónica Baró faláronnos de avaliación: "Avaliar para avanzar, prácticas de autoavaliación na Biblioteca escolar", posteriormente presentación de talleres e experiencias que se están a facer noutros centros, xuntanzas por zonas, xantar e café compartidos... O broche final da xornada puxoo o escritor XOSÉ NEIRA VILAS, autor do libro Memorias dun neno labrego que cumple este ano o 50 aniversario da súa publicación. Foi unha emotiva intervención na que o autor fixo un percorrido pola súa vida: dende o seu descubrimento da escrita, dos libros agochados baixo as tellas.... da emigración a Arxentina "para poder mercar máis libros", da súa labor en Cuba xunto coa súa inseparable compañeira Anisia Miranda en prol da literatura infantil e xuvenil... Graciñas dende a Biblioteca da Meigatintureira as asesoras de Bibliotecas Escolares, Cristina e Pilar polo seu traballo e ben facer. Todo un luxo que non esqueceremos poder compartir eses momentos con Xosé Neira Vilas.
Se queredes saber máis sobre os encontros, ver as conferencias... podedes clicar AQUÍ, entrando como convidados.


Podédelo ver neste vídeo resumo publicado no blog da asesoría de Bibliotecas Escolares de Santiago:



13 abr. 2011

CAILLOU BIBLIOTECARIO

Caillou vai visitar a Biblioteca coa súa nai e a súa irmá Rossi a escoitar un contacontos. Logo pensan levar libros en préstamo para casa posto que xa ten o carnet da Biblioteca igual que todos vos.
Se queres ver o que lle acontece...:

3 abr. 2011

XORNADAS EN SANTIAGO PARA OS CENTROS DO PLAMBE

O vindeiro xoves 7 e venres 8 do abril reunirémonos en Santiago no Pazo de Congresos os reresentantes dos centros integrados actualmente no Plan de Mellora de Bibliotecas Eescolares, un programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, iniciado en 2005, e que inclúe neste curso un total de 374 centros públicos de distintos niveis educativos. O noso centro está inmerso neste programa dede o curso 2007-08.

Será ocasión para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Incidirase nos instrumentos que Internet pon a disposición das bibliotecas para o exercicio das súas funcións e facilitar a formación da competencia informacional do alumnado, e falarase de lectura e de poesía: cine e banda deseñanda centrarán as experiencias dos centros, que se presentarán en mesas simultáneas. Tamén será oportunidade para o encontro entre os membros dun colectivo que están a facer realidade as pequenas utopías que son todas e cada unha das bibliotecas escolares galegas. ALÁ ESTAREMOS!!!.

DIA DO LIBRO INFANTIL



“Cuando Arno llegó a la escuela con su padre, las clases ya habían comenzado”....

Así comeza o manifesto que a escritora AINO PERVIK, nacida en Estonia, escribiu para a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL O 2 DE ABRIL de
2011
(aniversario do nacemento de Hans Cristian Andersen)
. O cartel é do ilustrador
Jüri
e Mildeberg. Se queredes continuar lendo o manifesto e averiguar máis datos acerca desta data pinchade no enlace:


O Parruliño feo é un dos contos máis populares de Andersen, podes velo a continuación nunha curtametraxe da factoría Disney:

2 abr. 2011

PRIMAVERA POÉTICA.


Para unir o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA e a chegada da Primaveira decidimos facer un RECITAL POÉTICO no que participou o alumnado de E. Infantil, primeiro, terceiro e quinto. Fixemos tres sesión de recitado para que todo o alumnado do centro poidera asistir, resultou un pouco esgotador para os grupos recitantes, pero pagou a pena o esforzo. Dende aquí graciñas a todos por colaborar e as mestras que colaboraron co seu alumnado. Despois do recitado levaron para as clases un ramo cunha flor de papel cos poemas en cadan seu pétalo de cores.
A continuación podedes ver os poemas que recitou o alumnado nun pequeno libriño recopilatorio:

E os participantes:


REUNIÓN BIBLIOTECAS

O pasado 24 de marzo reunímonos na Bibloteca do Chouzo as/os coordenadoras/s de Bibliotecas escolares de varios centros de Vigo e alrededores. Unha acollida inmellorable, e dende o Blog da Meigatintureira noraboa por esa recén reformada Biblioteca!!. Todo un luxo!!


22 mar. 2011

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL DE VIGO

Hoxe, 22 de marzo os alumnos de segundo curso foron visitar a Biblioteca Central de Vigo. Una actividade moi interesante para desenrolar a Formación de Usuarios fóra do ámbito da propia Biblioteca Escolar.


Se queredes saber máis cousas sobre a Biblioteca podedes ver este documento:


20 mar. 2011

HOMENAXE AOS QUE COIDAN O NOSO MONTE

Este venres 18 de marzo o alumnado de 4, 5º e 6º participou activamente nunha homenaxe que tivo lugar no monte de Fragoselo e no local da Comunidade de Montes. Unha obra de teatro moi didáctica creada pola profesora Mª Dolores Rey sobre os perigos que teñen os nosos montes e o compromiso que temos todos nós no seu coidado. Dende a Biblioteca colaboramos na ilustración dun poema de Rabindanath Tagore en power point que recitaron os alumnos maiores. Dende aquí dámoslles as grazas áos membros da Comunidade de Montes por esta invitación que nos permite participar dun xeito activo nas actividades do entorno.


13 mar. 2011

CONVIVENCIA E TEATRO NA BIBLIOTECA..

Este venres 11 de marzo visitáronos os pequechos/as da guardería Lúa, preto do noso colexio. Unha fraternal e divertida xornada de convivencia . Chegaron pola mañá cediño, arredor das 10, e foron á aula de psicomotricidade onde o pasaron xenial cos xogos e cancións que lles tiñan preparados as profes de E. Infantil, despois viñeron á Biblioteca a ver unha obriña de teatro que lles prepararan os alumnos de 5º baseada no conto de Kalandraka: CHIVOS CHIVÓNS: Incríble! 80 criaturas inmóviles ante o conto que lles narraban Sabela e Iria e que protagonizaban os seús compañeiros: Oscar, Sara, Yaiza e Ana. Graciñas dende aquí pola vosa colaboración.


Logo remataron cunha chocolatada no comedor, e claro está a baixar o chocolate no areneiro!!!. Vede, vede o ben que o pasamos todos/as:


DESCUBRE GALICIA...




Presentámosvos unha nova páxina que de seguro vaivos ser moi útil se queredes percorrer a nosa terra...... desde o sofá? ou mesmo sen salir de casa ou do cole. Que cómo se pode facer isto, pois gracias á Rede, a Internet, un recurso que estamos a descubrir e que ofrece un mundo de posibilidades se se fai un bo uso da mesma. O recurso presenta vilas e cidades galegas, sobre todo da provincia de Pontevedra , en panorámica de 360 0. Presenta un interesante estudio socio-económico das dferentes comarcas galegas así como unha reseña dos diferentes Camiños de Santiago. Clicade no enlace:

3 mar. 2011

NOVA SECCIÓN NA BIBLOTECA ESCOLAR...


Presentámosvos unha nova proposta lectora e un novo espazo na nosa Biblioteca Escolar.

Con ela pretendemos acercarvos a Biblioteca aos maiores da casa: pais e nais, irmáns, avós e avoas… en definitiva a todos os que xa non estades na Escola como alumnos, as familias, e a todos os que formades parte da nosa Comunidade Educativa.

Ao igual que os vosos fillos/as que están matriculados no centro, calquer membro da familia pode ter o carnet da Biblioteca. O único requisito é que o solicitedes ou ben a través dos vosos fillos ou ben polas tardes de 4 á 6 na mesma Biblioteca. Seravos útil tamén se queredes levar préstamos para os de Educación Infantil que inda non teñen o carnet de lectores ou algún a maiores para os de Primaria.

DENDE AQUÍ SOLO NOS QUEDA ANIMARVOS a que nos visitedes e a que participedes facendo as vosas suxerencias tamén a través deste blog.



28 feb. 2011

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Para saber máis cousas sobre o ENTROIDO ou traballar na aula, premede neste enlace da coordenadora GALEGA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, ten moitos enlaces a actividades diferentes para todos os ciclos.




20 feb. 2011

SAN VALENTÍN NA BIBLIO.



Dous simpáticos e tenros libros
cos que
celebramos a Semana de
San Valentín
na Biblioteca:



Desta volta non foron os alumnos os que presentaron o mércores lector do 16 de febreiro senón a titora de 5º María José a que se animou, como podedes ver houbo de todo tipo de público, dende pequenos a maiores.


MARIA ELENA WALSH NA BIBLIOTECA


Poemas e cancións para recordar a unha grande da poesía Infantil , MARÍA ELENA WALSH, que morreu o pasado mes de xaneiro. A maior parte da súa poesía recordámola á través da voz de ROSA LEÓN. Na Biblioteca quixemos tamén rendirlle o noso pequeno homenaxe cos poemas: La vaca estudiosa, El mundo del revés, en el país de no me acuerdo y canción para bañar la luna. Regalamos os poemas aos asistentes en formato papel e logo do recitado que fixeron os alumnos de 2º vimos uns videos cos poemas que cantamos.
Se queres descargar e imprimir os poemas para logo aprendelos e cantalos preme no segunte enlace:









14 feb. 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa están en marcha as MOCHILAS VIAXEIRA para os diferentes cursos de Primaria de 1º a 6º. Trátase dun material que vos permitirá compartir entre toda a familia tempo, ilusións, sentimentos… lecturas, e en definitiva a vida. Pensamos que a literatura compartida permítenos como pais/nais a oportunidade de conversar e coñecer os intereses, inquedanzas e as ideas dos nosos fillos/as: trátase doutro xeito de pasalo ben en familia. Este ano engadimos algunha novidade como é o LIBRO DE COCIÑA e un de LITERATURA PARA MAIORES na liña de ofertar unha mayor variedade nos materiais que se vos achegan: NON SE TRATA DE QUE LEADES TODOS OS EXEMPLARES A FEITO, SENÓN QUE CADA UN ELIXA O QUE MÁIS LLE GUSTE OU LLE CHAME A ATENCIÓN.Esperamos dende o equipo de Biblioteca sexa una actividade que vos guste.
Ah! lembrade as enquisas e facer algún comentario nos cadernos viaxeiros.

6 feb. 2011

HORA DE LER NA AULA DE PRIMEIRO

Volvemos do recreo e facemos eses 20 minutos de lectura silenciosa

sostida que dende logo crea un ambiente máxico no Centro, xa que o

facemos dende E. Infantil ata sexto, adaptando aos diferentes niveis.

Poucos comentarios que facer a estas imaxes que podedes ver a

continuación, dende logo que o descubrimento do proceso lecto-

escritor é toda unha sorpresa: