24 mar. 2010

OS ALUMNOS DE 2º NA BIBLIOTECA CENTRAL...

Inda que a Biblioteca da Meigatintureira parécenos moi grande, o outro día leváronos á Biblioteca Central de Vigo, no Casco Vello da nosa cidade... Iso sí que é unha Super Biblioteca con tres plantas e todo. A nós deixáronos ver soamente a do sótano que é a zona Infantil e xuvenil, pois nas outras había xente estudiando, lendo ... xa sabedes nas Bibliotecas hai que estar en silencio....


22 mar. 2010

22 de Marzo: Día mundial da Auga

Hoxe 22 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, e as Nacións Unidas adícano á importancia da calidade da auga baixo o lema : " AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN ". Non so é importante a cantidade de auga senón tamén a calidade, a conservación dos ecosistemas e a prevención da contaminación.
Temos que recordar que según datos de varias ONGs cada día morren no mundo máis de 4.000 nenos por enfermidades relacionadas coa contaminación da auga.

O lema deste curso é " Unha gota de auga, unha gota de vida", lembrades?.

Podedes ver o resultado das propostas de traballo na aulapara o segundo e terceiro ciclo, na seguinte presentación:


21 de Marzo. DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A UNESCO, organismo encargado da educación, a ciencia e a cultura, declarou o 21 de Marzo como o Día Mundial da Poesía, durante a 30ª reunión celebrada en París en Novembro do ano 1.999.
Irina Bokova, actual Directora Xeral da UNESCO, redactou unha mensaxe para este día, da que entresacamos este pequeno párrafo:
Neste Día Mundial da Poesía 2010, lembremos que a poesía é un territorio universal onde os pobos poden atoparse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons. Palabras, que calqueira que sexa a lingua da que brotaran van moi lonxe en pos dunha luz ligada a esencia mesma do ser humano, á dignidade de cada persoa.
Se queredes ler o texto ao completo, seguide o seguinte enlace:

TEXTO DE IRINA BOKOVA


Nos celebraremos esta data poñendo un pouco de poesía na nosa escola, así ao longo da semana disfrutaremos de pequenos recitais poéticos, protagonizados por alumnos e alumnas de sexto.

O programa será o seguinte:
  • MARTES: Poesía para ler...
  • MÉRCORES: Poesía para contar...
  • XOVES: Poesía para arrolar...
  • VENRES: Poesía para cantar...

9 mar. 2010

A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ

Seguro que coñeces o Ratiño Pérez. Todas as noites percorre o mundo en busca dos dentes caidos que os nenos esconden baixo as súas almofadas, deixándolles a cambio unha moeda; pero...
a que non sabes que fai con todos os dentes que recolle?, se queres averigualo ven a Biblio e faite co libro "A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ ", atoparalo na sección de primeiros lectores:
Inda que tamén podes facer como fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º que foron hoxe aos cines Yelmo ver " EL RATÓN PÉREZ 2 ". Se queres saber máis cousas sobre a película clikea no título da mesma e poderás averigualas: