16 dic 2010

NO NADAL TURRÓN E LIBROS A MOGOLLÓN

Xa escribíchedes a Carta aos Reis Magos? Lembrachedes incluir un libro, ou dous, ous tres... por se inda non sabedes cales. Estes días chegará as vosas casas a Guía de Lecturas para o Nadal para compartir con todos algunhas suxerencias de lecturas para compartir nestas datas tan entrañables:



13 dic 2010

RECURSOS PARA O NADAL

Premendo na palabra NADAL atoparedes un montón de recursos para traballar na aula e tamén curiosidades para nenos e maiores.

9 dic 2010

MARIO VARGAS LLOSA: NOBEL DE LITERATURA 2010



" Aprendí a leer a los cinco años, en la clase del hermano Justiniano, en el Colegio de la Salle, en Cochabamba (Bolivia). Es la cosa más importante que me ha pasado en la vida. Casi setenta años después recuerdo con nitidez cómo esa magia, traducir las palabras de los libros en imágenes, enriqueció mi vida, rompiendo las barreras del tiempo y del espacio y permitiéndome viajar con el capitán Nemo veinte mil leguas de viaje submarino, luchar junto a d’Artagnan, Athos, Portos y Aramís contra las intrigas que amenazan a la Reina en los tiempos del sinuoso Richelieu,...

La lectura convertía el sueño en vida y la vida en sueño y ponía al alcance del pedacito de hombre que era yo el universo de la literatura. Mi madre me contó que las primeras cosas que escribí fueron continuaciones de las historias que leía pues me apenaba que se terminaran o quería enmendarles el final..." (fragmento do discurso de aceptación do Nobel de Literatura ).


8 dic 2010

O CAZO DE LORENZO

Un 10 % da poboación mundial vive con algún tipo de discapacidade. O pasado 3 de decembro celebrouse o Día das Persoas con discapacidade. Unha data para pararse a pensar. O libro "el cazo de Lorenzo" de Isabel Carrier, ed. Juventud presentanos ao seu protagonista, Lorenzo e o seu esforzo por superar os obstáculos que se lle presentan na súa vida diaria. Todos temos distintas capacidades e , ao igual que Lorenzo, temos o noso "cazo" persoal:



LA MONNA LISA O GIOCONDA: VERSIÓNS SOBRE O CADRO


Como xa sabedes este ano estamos a traballar coa PINTURA, e de seguro que todos/as coñecedes o famoso cadro de Leonardo da Vinci: a Gioconda, pero a que nunca pensastes que se poideran facer tantas variacións sobre ela. Fixádevos o que teñen feito outros artistas, anímate tí a facer unha versión.


23 nov 2010

A BIBLIOTECA, UN ESPAZO PARA IMAXINAR.

Para que ir á Biblioteca, coller un libro, ler.....? Unha resposta podemos atopala neste vídeo que aparece no blogue "pincellades al mond" :



22 nov 2010

20 DE NOVEMBRO, unha data a ter en conta.


Sabías que noutras partes do mundo os nenos/as non viven como o fas tí na actualidade? Hai moitos nenos que non poden ir á escola por que teñen que traballar, que son víctimas das guerras...

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas. Pincha na palabra e poderas saber cales son os vosos dereitos :

OS DEREITOS DA INFANCIA

Se premedes no seguinte enlace poderedes ver o documento completo facilitado por UNICEF cos 54 artigos da Convención sobre os Dereitos da Infancia publicada o 22 de novembro de 1989:

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA


15 nov 2010

RENOVARSE, EVOLUCIONAR....SIMPLIFICAR


Seguro que tedes escoitado estes días, na casa ou ao mellor nos medios de comunicación, que o albabeto cambia, para achegalo máis á linguaxe falada. Seguramente que así teremos menos lío a hora de escribir, e polo tanto menos faltas, que vos parece ?

RESUMINDO:
  • Desaparece o "ch" e o "ll" polo que o alfabeto pasa de 29 a 27 letras.
  • O "i grego" pasará a chamarse "ye".
  • O adverbio "solo" e os pronombres demostrativos (este, esta, esos, estas) non levarán tilde.
  • O monosílabo "o" non se tilda cando vai entre números (5 o 7).

Para Informarvos mellor a este respecto, aquí tedes un enlace da prensa:

ELPAIS.com


10 nov 2010

BIBLIOBURRO...

Para que ler? ... pois "PARA TEÑIR O MUNDO DA COR QUE QUEIRAS", esa é a resposta dun mestre rural de de Colombia, Luis Soriano, creador da Biblioteca Rural Itinerante Biblioburro. Según as súas palabras: " Debemos llevar cuentos a los niños por que si ellos no tienen Bibloteca hay que inventarla, llevársela a donde ellos están ..." Non pensedes que todas as Bibliotecas son coma a da Meigatintureira no cole.... Mirade.... Ah! Color del textoE outra pregunta: Sabedes quen son ALFA e BETO? mirade, mirade...


4 nov 2010

CHEGA O OUTONO... E OS MAGOSTOS!!!

Unha pequeniña recopilación poética sobre esta época do ano tan fermosa : vendimas, esfolladas, magostos, ....



MONDRIÁN NA BIBLIO...

Coñecedes a MONDRIÁN? Foi un mestre ao que lle encantaba tanto a pintura que se dedicou a pintar cadros a maior parte da súa vida. Pintaba cadros ABSTRACTOS, non usaba formas coñecidas, senón cores, formas e liñas que non se parecían en nada á vida real. Os rapaces e rapazas de tres e catro anos tentamos imitalo.... mirade:



2 nov 2010

MEZCLA CORES... E FAI UN CASI.....!!!



Para a inauguración da Biblioteca este curso eleximos dous libros: un titulado " Casi " de edicions Serres para os máis pequenos e para o segundo e terceiro ciclo " La verdadera historiade los colores " da editorial Lóguez. Narrados pola profesora Mª José de 5º e apoiada coas imaxes en Power Point dos contos.



Esperábanos a Meigatintureira que nos presentou a súa carta en formato dixital:







As historias serviron de base para a realización de varias propostas plásticas:



E para seguir coa tradición tamén recibiu cada grupo un pequeno agasallo de parte da nosa Meiga: Mochilas para levar a casa os libros de préstamos para E. Infantil, novos carnets da Biblioteca e libros dos Bolechas para primeiro, contos para segundo, libros sobre a reciclaxe para terceiro e cuarto, e quinto e sexto exemplares da revista Circulando. Grazas Meigatintureira!!!



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO...

Os pasados 28 e 29 de outubro celebramos a apertura oficial da Biblioteca. Este ano a nosa MEIGATINTUREIRA levaranos nunha viaxe arredor do mundo da Pintura, os museos..., baixo o lema: "ESCRIBIMOS CADROS, PINTAMOS HISTORIAS". Unha pequena mostra da viaxe que fixo este verán polos museos foi o mural que nos deixou na entrada
da Biblioteca.

Coma cada ano esperamos ansiosamente a chegada da súa carta que asoma as nosas clases por correo ordinario. Se queredes lembrala preme na imaxe do sobre:


26 may 2010

PENSAO ANTES DE PUBLICAR! : SEGURIDADE NA REDE


O pasado luns 31 de maio tivo lugar na Biblioteca unha charla para o alumnado de 5º e 6º sobre "O uso da rede e os riscos en Internet" impartida por membros da Brigada da Policia Nacional. Posteriormente repetiuse dous días máis tarde para as familias. Un tema que nos preocupa tanto aos mestres coma as familias e no que a colaboración resulta imprescindible, coma todos os que atinxen ao tema da Educación.





Se queres saber máis sobre o tema e non deixarte enganar, preme no seguinte enlace da organización SAVE THE CHILDREN:



25 may 2010

ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN...

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS un grupo de alumnos/as do segundo e terceiro ciclo e preparados polo Equipo de Normalización Lingüística ofreceronos o conto de Uxío Novoneyra: " Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" adaptado para teatro de marionetas. Tamén o celebramos cantando un dos poemas do autor musicalizado por Emilio Cao, para rematar non nos podíamos marchar sen un agasallo que nos preparara a Meigatintureira para esta celebración tan importante, un marcapáxiñas con imáxenes dese Courel que tanto amaba Uxío ..... (recorda que se queres imprimilo podes premer na palabra suliñada)



LA PRIMAVERA HA VENIDO Y NADIE.....



Xa o dicía o poeta Antonio Machado ... e para celebralo que mellor que un recital poético protagonizado polo alumnado de E.I. de 4 anos na Biblioteca dentro do programa dos Mércores lectores.

Os paxaros van voando
porque xa saiu o sol,
e contentos van cantando
a primavera chegou.

No campo hai bolboretas
e abellas de flor en flor,
todo está cheo de cores,
a primavera chegou.


17 may 2010

DIM 2010 ( Día Internacional do Museo)

Coma cada ano o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo. O lema deste ano é MUSEOS PARA A HARMONÍA SOCIAL, que alude a un contexto de entendemento mútuo, de pluralidade e tolerancia, no que se promova a creatividade dos individuos e a busca do común, pero tamén a diversidade e a diferenza coma un valor en sómesmos.
Aproveitando a ocasión deixámosvos un enlace para facer unha pequena visita virtual no MUSEO DO PRADO, por algunhas das súas obras máis destacadas:


e logo se vos apetece no seguinte enlace podedes facer alguns dos XOGOS que se vos ofrecen ou MONTAR UNHA ARMADURA. (Lembra premer nos enlaces ou palabras suliñadas para poder acceder)

Por suposto tamén podedes participar nas diferentes actividades que se propoñen dende os diferentes museos ou visitar as diferentes exposicións. Infórmate no seguinte enlace:



POEMAS DE UXIO NOVONEYRA MUSICADOS


Cain as follas, sinto unha cousa,
que se apousa en min e non me toca.
E chove para que eu soñe, para que eu soñe,
fala a tarde baixiño.....



Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home... (1952)

Hein d' ir ó Pía Páxaro i a Boca do Faro
deitarme no campo da Lucenza nun claro.
Hein d' ir á Devesa da Rogueira i a Donís
ó Rebolo á Pinza i o Chao dos Carrís...

(Os Eidos 1985)




No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

(Os Eidos 1981)


12 may 2010

LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA



Aquí está, un ano máis, o DIAS DAS LETRAS GALEGAS, como sabedes, adicado a Uxío Novoneyra, un poeta vencellado de forma especial á súa terra: O Courel. O noso alumnado está a preparar unha obriña de teatro baseada no seu conto : Ilda, o corzo e o xabarín. Subirémola ao blog para que a poidades ver.

Dende todas as escolas de Galicia estase a traballar arreo nestas datas. Enlazamos algunhas páxinas que poden ser de utilidade así como outras presentacións que xenerosamente puxeron á disposición de todos dende outras Bibliotecas Escolares galegas e dos ENDL.

Dende o Ceip Otero Pedraio poñen á nosa disposición unhas UNIDADES DIDÁCTICAS para E. I. e Primaria(premede no enlace):


Dende o IES de Arzúa unha fermosa homenaxe dende a FLORA DO COUREL:


Dende o CEIP Condesa de Fenosa do Barco este LIM LETRAS GALEGAS 2010 ( Libro Interactivo Multimedia) para facer dende o propio ordenador:



A PROPÓSITO DAS LETRAS ...." O FALAR DAS FADAS "


Ese é o título dun dos poemas de VALENTÍN LAMAS CARVAJAL ( poeta e xornalista galego, precursor do Rexurdimento e un dos fundadores con Manuel Murguía da Real Academia Galega) un fermoso poema en prol da nosa língua, " ESA FALA MELOSIÑA, ....... O FALAR DAS FADAS " publicado en Ourense no1880, cando a nosa língua se menospreciaba:

Fálame nesa fala melosiña
que celestiales armonías ten;
fálame na linguaxe da terriña
se é que me queres ben.
......
Xa de neno, esa fala melosiña,
o meu feitizo, a miña gloria foi;
fálame na linguaxe da terriña
se é que me tes amor.
(preme sobre a imaxe arriba para continuar lendo parte do poema)

11 may 2010

CONCURSO " O MUNDO DO CÓMIC "

Hoxe na hora do recreo fixemos o sorteo dos gañadores/as do concurso iniciado coa exposición do Cómic. Nel participou o alumnado do segundo e terceiro ciclo. O agasallo que lles tiña preparado a MEIGATINTUREIRA consistia nunha mochila da HORA DE LER e unha libreta co lema " BIBLIOTECAS ESCOLARES, ESPAZOS DE LECTURA". O alumnado que participou tamén levou un pequeniño agasallo.
Dende aquí dámosvos as gracias aos que participastes e aos profesores que os animástedes a facelo e por suposto:

NORABOA AOS GAÑADORES/AS !!!

ALBA e MARTA de 5º
SAÚL e MIGUEL de 6º

5 may 2010

DIARIO DE GREG NA BIBLIO

Continuamos en marcha coa experiencia dos MÉRCORES LECTORES, esta vez protagonizada por Roi de 3º que nos presentou as aventuras dun neno moi curioso, Greg, ao que lle acontece un día .... non vos conto máis, xa escoitáchedes a Roi, ánimo e a ler o libro. Deixámosvos tamén un enlace para saber máis cousas sobre o mundo de Greg, os seus amigos, os libros, xogos...


ANIMACIÓN Á LECTURA: PIOLLO E PULGA

Cansada de facer sempre o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe pasará por montañas, desertos, chairas... fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes... É a proposta da editorial OQO para os rapaces de 1º e 2º de E.P. que se decidiron a acompañar a pulga na súa viaxe, vente con nós e disfruta tí tamén como o fixeron eles:


4 may 2010

OBRADOIRO DE PLÁSTICA CREATICA: CADERNO DE MINIMALISTA.

O pasado venres 30 de abril o alumnado de 5º participou no OBRADOIRO DE PLÁSTICA CREATIVA Q ninpintado! a partires da idea orixinal do libro " CADERNO DE MINIMALISTA " de Antón Fortes e Maurizio A.C. Quarello de OQO editora. Tratábase de transformar algunhas obras de artistas das vangardas como Magritte e Wharhol cambiando os orixinais protagonizados por persoas en animais, como fixera o ilustrador do libro. A ver que vos parecen as nosas obras:

25 abr 2010

23 DE ABRIL: O MUNDO DOS CÓMICS

Foi o tema elexido este ano para celebrar o Día do Libro no noso centro. Fixemos unha exposición monográfica sobre " O MUNDO DO CÓMIC " ( coa colaboración do departamento de Plástica do CPR de Mondariz) con paneis informativos acerca das orixes do cómic, os personaxes, os superheroes, curiosidades, publicacións españolas, os inventos do TBO... Esta parte foi completada cos exemplares cedidos polas familias para a exposición que montamos paralelamente na Biblioteca na que podedes ver cómic español, europeo, americano, manga... con exemplares de casi cincuenta anos de antigüidade. Dende o Equipo de Biblioteca agradecémosvos unha vez máis a vosa colaboración. A exposición complétase con xogos de mesa (laberintos, puzzles, sopas de letras, memoris, tres en raia...) que estarán dispoñibles para o alumnado e profesorado na Biblioteca mentras dure a exposición. Completarase a mesma cun concurso, xa en marcha, para segundo e terceiro ciclo.


Se queres dar un paseo virtual pola exposición clica na palabra inferior:

23 abr 2010

OS MÉRCORES LECTORES


Así se chama esta nova experiencia relacionada coas letras, a lectura e o mundo dos libros. Os mércores na hora do recreo non facemos préstamo e os nenos e nenas que queiran poden ler, recitar, presentar os libros que están a ler e que lles gustan... Este mércores animouse Andrés de 6º e presentounos o libro: " EL HOMBRE DEL TRAJE BLANCO " de Herikberto M.Q. da Ed. Anaya.

Xa sabedes que vos podedes ir anotando,
xa temos voluntarios para o vindeiro mércores !!!
tamén o podedes facer en parellas ou en grupo!!!
ANIMÁDEVOS !!!


22 abr 2010

WEBQUEST SOBRE O DIA DO LIBRO




Aquí tedes una webquest para traballar sobre o Día do Libro e tamén para disfrutar aprendendo:



OS ILUSTRADORES E OS LIBROS


Xa sabedes a importancia que teñen os/as ilustradores/as dos libros, as veces incluso hai libros que so teñen imáxenes e non precisan das letras para contarnos historias, outras teñen ilustracións do propio autor..... e as veces outra persoa diferente se encarga de poñer as imaxes.
A continuación podedes esta unha fermosa presentación titulada "ILUSTRANDO A LECTURA" recopilada pola compañeira Julia González do ceip Mestres Goldar, premede no enlace:



18 abr 2010

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

O 23 de abril de 1616 morrían Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare, por eso a UNESCO elexiu esta data para homenaxear a nivel mundial ao libro e aos escritores. Este ano elexiuse este fermoso cartel para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, clica enriba del para averiguar máis cousas sobre este día:


ENCONTROS DE COORDENADORES DE BIBLIOTECAS DO PLAMBE 2010

Os días 15 e 16 de abril celebráronse Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 2009/2010. A el asistimos as casi 300 (son 299 na actualidade) persoas responsables das 299 bibliotecas escolares incluídas no presente curso neste programa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os encontros tiveron como finalidade avanzar na formación específica deste colectivo nos aspectos máis variados da biblioteca escolar: o papel que xogan hoxe en día estas bibliotecas nos centros educativos e as posibilidades que ofrecen para educar a un alumnado que medra na sociedade da información. Entre os temas que se trataron estiveron a lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, entre outros. Dende aquí damos as grazas a Cristina Novoa e Pilar Sampedro polo entusiamo que poñen no seu traballo e aos ponentes sin olvidar aos asistentes ao encontro que contaxian as súas ganas de traballar e loitar por este mundo das Bibliotecas Escolares, dende aquí moitas e repetidas grazas.

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS


ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS é a obra máis coñecida do autor británico Lewis Carol publicada en 1965. Podes descargar a obra en formato PDF cliqueando no título da mesma ao principio deste artículo. Tamén podes ler na Biblioteca unha versión para os máis pequenos que publica a revista LEO- LEO, está nos andeis das revistas.

A primeira versión da película en formato cinematográfico foi do ano 1903. Posteriormente a factoría Disney en 1951 realizou unha das versións máis coñecidas para o público infantil dirixida por Hamilton Luske. Para ver un anaquiño da mesma cliquea na palabra suliñada do párrafo.


A última versión, que corre a cargo do director Tin Burton e a factoría Disney, estreouse no noso país o 16 de abril, podedes ver o trailer da película no enlace suliñado anteriormente.

8 abr 2010

ABRAHAM CARREIRO NA BIBLIOTECA

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro estivo cos rapaces do segundo e terceiro ciclo traballando as diferentes técnicas para a creación de personaxes e a animación dos mesmos. No segundo ciclo crearon personaxes e no terceiro mesmo se animaron a facer tiras cómicas con tres viñetas. Podédelas ver na biblioteca.


Tamén podedes atopar nela o seu libro " A PEL DO COCODRILO", conto popular de Namibia.

SEMANA DA POESÍA

Como vos comentabamos nunha das entradas anteriores CELEBRAMOS o 21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA, na Biblioteca cunha SEMANA DA POESÍA na que participou o alumnado de 6º. Como se anunciaba no programa tivemos poesía para ler, para arrolar, para contar e para cantar.... podedes velo premendo na parabra presentación:


24 mar 2010

OS ALUMNOS DE 2º NA BIBLIOTECA CENTRAL...

Inda que a Biblioteca da Meigatintureira parécenos moi grande, o outro día leváronos á Biblioteca Central de Vigo, no Casco Vello da nosa cidade... Iso sí que é unha Super Biblioteca con tres plantas e todo. A nós deixáronos ver soamente a do sótano que é a zona Infantil e xuvenil, pois nas outras había xente estudiando, lendo ... xa sabedes nas Bibliotecas hai que estar en silencio....


22 mar 2010

22 de Marzo: Día mundial da Auga

Hoxe 22 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, e as Nacións Unidas adícano á importancia da calidade da auga baixo o lema : " AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN ". Non so é importante a cantidade de auga senón tamén a calidade, a conservación dos ecosistemas e a prevención da contaminación.
Temos que recordar que según datos de varias ONGs cada día morren no mundo máis de 4.000 nenos por enfermidades relacionadas coa contaminación da auga.

O lema deste curso é " Unha gota de auga, unha gota de vida", lembrades?.

Podedes ver o resultado das propostas de traballo na aulapara o segundo e terceiro ciclo, na seguinte presentación:


21 de Marzo. DÍA MUNDIAL DA POESÍA

A UNESCO, organismo encargado da educación, a ciencia e a cultura, declarou o 21 de Marzo como o Día Mundial da Poesía, durante a 30ª reunión celebrada en París en Novembro do ano 1.999.
Irina Bokova, actual Directora Xeral da UNESCO, redactou unha mensaxe para este día, da que entresacamos este pequeno párrafo:
Neste Día Mundial da Poesía 2010, lembremos que a poesía é un territorio universal onde os pobos poden atoparse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons. Palabras, que calqueira que sexa a lingua da que brotaran van moi lonxe en pos dunha luz ligada a esencia mesma do ser humano, á dignidade de cada persoa.
Se queredes ler o texto ao completo, seguide o seguinte enlace:

TEXTO DE IRINA BOKOVA


Nos celebraremos esta data poñendo un pouco de poesía na nosa escola, así ao longo da semana disfrutaremos de pequenos recitais poéticos, protagonizados por alumnos e alumnas de sexto.

O programa será o seguinte:
  • MARTES: Poesía para ler...
  • MÉRCORES: Poesía para contar...
  • XOVES: Poesía para arrolar...
  • VENRES: Poesía para cantar...

9 mar 2010

A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ

Seguro que coñeces o Ratiño Pérez. Todas as noites percorre o mundo en busca dos dentes caidos que os nenos esconden baixo as súas almofadas, deixándolles a cambio unha moeda; pero...
a que non sabes que fai con todos os dentes que recolle?, se queres averigualo ven a Biblio e faite co libro "A MÁXICA HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ ", atoparalo na sección de primeiros lectores:
Inda que tamén podes facer como fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º que foron hoxe aos cines Yelmo ver " EL RATÓN PÉREZ 2 ". Se queres saber máis cousas sobre a película clikea no título da mesma e poderás averigualas:


15 feb 2010

O ENTROIDO EN GALICIA

Sabes quen son os Peliqueiros, as Pantallas, os volantes, os Escabicheiros? ... pódelo ver na seguinte presentación a ritmo da cantiga popular "Se chove" na versión do grupo Treixadura:
Serías quen de ordear cronolóxicamente os diferentes días do Entroido tradicional? compróbao mentres escoitas o " Pasodobre dos Carballeiras"

11 feb 2010

MANDA A SARDIÑA !!!

Este ano cambiamos os mandatos do Meco polos da Sardiña, se queres saber o que nos manda esta semana, xa sabes, preme na imaxe:

4 feb 2010

A VOLTAS CO ENTROIDO

Unha vez máis aquí o temos, ven correndo... pero A quen lle imos botar a culpa este ano? pois á SARDIÑA. Este ano queimarémola, pero antes non se salvará do normativo xuicio:


CANCIÓN DA SARDIÑA
(coa música de Bob Esponxa)

Quen foi o culpable do frío Polar?
A sardiña, a sardiña!!

E quen en Haití fixo á xente penar?
A sardiña, a sardiña!!

Quen suspende aos nenos e fainos chorar?
A sardiña, a sardiña!!

E por todo iso, quen imos queimar?
A sardiña, a sardiña, a sardiña!!

A sardiña imos queimar!!!!!!


Androia, cacheira, cigarrón, chocas, enterro da sardiña, filloas, peliqueiro, orellas, xoves de compadres e de comadres, ... poderíamos facer un diccionario con palabras propias do Entroido. Preme na imaxe e verás canto vocabulario ao tempo que podes aprender a preparar algunhas receitas típicas desta época do ano: