23 nov. 2009

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO...

Comezamos un novo curso, cheo de ilusións e novos proxectos. A Biblioteca e a Meiga Tintureira tamén se suman a esta nova andaina. Un ano no que a auga estará presente e será o fío conductor do noso traballo escolar cun proxecto titulado como sabedes "Unha gota de auga, unha gota de vida ". E para ir entrando en materia deixamosvos está montaxe elaborada pola equipa das TICS coa auga como protagonista.



Outra novidade para este curso é o recén estreado blogue da Biblioteca do noso cole, o CEIP "A Paz", que se chamará "MEIGATINTUREIRA", como se non. Tentaremos contarvos nel todo o noso quefacer arredor da lectura e da escritura.

VENTOS DE OUTONO


O vento de outono vai soprando suaviño e, pouco a pouco, cólase polas fiestras do colexio vestindo as paredes do centro de amarelos, laranxas, ocres, marróns,..., cheirando a uvas, mazás e castañas asadas, enchendoo de palabras viaxeiras que xogando ledas forman cancións fermosas, adiviñas divertidas, para facernos disfrutar deste tempo que pasiño a pasiño, suaviño como chegou, marchará para deixar paso ao frío inverno. Pero, mentres iso ocorre, imos compartir con todos vos o noso outono.

CANTIGAS DE MAGOSTO

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ao chamosco

Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.

Indo polo souto abaixo,
atopei un ouriciño,
catro castañas me deu
para tí meu queridito.

Canta moucho, canta moucho
na folla do castiñeiro
coa machadiña na man
aprendendo a carpinteiro.

RETROUSO

María se vas ao ría lavar,
non zoupes a roupa que a podes rachar
que a podes rachar, que a podes rachar
María se vas ao río lavar.


Tamén viñeron as avoas á Biblioteca a contarlle aos máis pequenos como se celebraban os Magostos cando eran pequenas. Se queredes podedela escoitar: